AXUDAS COMEDOR ESCOLAR HABILITADAS POLA XUNTA DURANTE A CRISE DO COVID-19

Silleda, 30 de marzo de 2020. A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a liña de axudas ao comedor escolar pola crise do COVID-19. Poderán solicitar o pagamento destas axudas as familias con nenos/as que teñan o servizo de comedor escolar gratuito ou ben que, pola declaración da renda, só paguen 1 euro diario. As axudas serán do abono de 2,50 euros/día para o caso dos usuarios que non pagan, e de 1,50 euros para os que abonan 1 euro, dende o inicio da suspensión das clases. As solicitudes poden facerse dende mañá martes 31 de marzo e ata o 6 de abril na sede electrónica da Xunta ou ben a través dos centros escolares.

DOG. 30 MARZO