ANUNCIO BASES SELECCIÓN DUN/HA ARQUITECTO/A TÉCNICO/A EN RÉXIME DE INTERINIDADE E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe mércores 15 de abril o anuncio de aprobación das bases para a selección dun/ha arquitecto/a técnico/a en réxime de interinidade e creación dunha bolsa de emprego, acordado na Xunta de Goberno Local do 5 de marzo.

NOTA ACLARATORIA : O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días naturais a contar desde o seguinte á publicación do  anuncio no Boletín Oficial da Provincia. DADA A SITUACIÓN ACTUAL, E COMO É PRECEPTIVO POLA SUSPENSIÓN DE PRAZOS, OS DEZ DÍAS NATURAIS COMEZARÁN A CONTAR AO DÍA SEGUINTE A QUE SE LEVANTE O ESTADO DE ALARMA.

As bases póñense a disposición dos interesados/as na Secretaría do Concello de Silleda e no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica da entidade (https://silleda.sedelectronica.gal), así como no seguinte ficheiro adxunto: