-A diferencia de campañas anteriores, será o Concello o que avise aos usuarios habituais deste servizo, anunciando as datas de recollida e e indicando as intruccións precisas. O pasado ano retiráronse más de 88.000 kilos de plásticos
Silleda, 4 de maio de 2020. O Concello de Silleda inicia este mes a primeira fase anual da recollida de plásticos agrícolas e invernadoiros, un servizo gratutito para as explotacións dos municipios. Dada a situación actual, e a reducción de servizos que se viñan dispoñendo noutros anos, modificase o sistema de avisos para a recollida.
Así, non se editarán dípticos informativos nin tampouco se recollerán chamadas dos usuarios. O personal municipal da Concellería de Medio Ambiente está xa avisando ás persoas usarías habituais doutros anos para anunciar as datas de recollida e darlle as instruccións oportunas, elaborando así a listaxe definitiva de usuarios porta a porta
Deste xeito, desde hoxe, luns día 4 de maio procedeuse a chamar aos veciños, informando que a Fase de Primavera da XII Recollida de Plasticos Agrícolas e de Invernadoiro, vaise producir entre os días vindeiros 19 e 22 de maio de 2020.
Destacar como vén sendo habitual que: só serán plásticos agrícolas e de invernadoiro, que hai evitar metelos en sacas big-bag que dificultan o proceso de reciclado e que estes fardos, deberán ter a menor suciedade posible, non poderán conter outras materias impropias como garrafas, fios de empacar, rodas, tubaxes de PVC, e ser depositados en lugar libre de obstáculos, coma árbores , maquinaria etc.
Este servizo de recollida realízase en fúas fases anuais, unha en privamera e outra no outono. No ano 2019 retiránronse máis de 88.000 kilos, recolléndose na primeira fase 41.650 kilogramos nun total de 27 parroquias.
O alcalde, Manuel Cuiña, agarda por parte da veciñanza que se entendan estes retrasos e moficiacións do procedemento de recollida deste servizo, sen custe algún para os agricultores e gandeiros e que se ven realizando dende o ano 2008.