O Concello renovará o parque infantil da praza Juan Salgueiro de Silleda

Silleda, 30 de maio de  2020.  O Concello de Silleda renovará nos vindeiros meses o parque infantil da praza Juan Salgueiro de Silleda,na antiga praza da Feira Vella,  un dos máis concorridos da vila.

O proxecto, presentado o pasado mes de febreiro á liña de subvencións da Consellería de Vicepresidencia para equipamentos públicos vén acadar a colaboración  da Administración Autonómica.

Esta actuación prevé un investimento de 100.850,66 euros, aportando a maioría dos fondos as arcas municipais (60.000 euros), ca subvención do 39,66% (40.000 euros) por parte da Xunta. Tratase dun concorrido espazo público que conta con elementos de xogo moi deteriorados polo uso e o paso do tempo. Con este proxecto búscase renovar todo o espazo adicado a parque infantil, que a día de hoxe ocupa unha superficie de 400 metros cadrados.

“Cremos que a mellora deste espazo é unha necesidade, xa que se trata dun dos parques máis antigos e está situado nunha zona á que acuden numerosas familias”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

“Este proxecto está realizado pensando xa na futura mellora e ampliación da praza”, indica o alcalde lembrando que o Concello xa adquiriu o pasado ano un dos dous solares dos arredores da praza.

 

Dende o goberno municipal, Manuel Cuiña lembra que en 2015 se renovaron tamén os parques da Igrexa de Silleda e da praza da Bandeira e que esta dotación virá a completar a oferta destes espazos públicos de xogo “para a necesaria dotación deste parque que utilizan moitos nenos e nenas da vila”, indica.