O Concello de Silleda fai un chamamento á poboación para cumprir cas medidas restrictivas que vén de aplicar a Xunta para o municipio

Silleda, 16 de setembro de 2020.  O municipio de Silleda vén sumarse á lista de concellos con restriccións dictadas pola Xunta de Galicia para frear o avance de contaxios da COVID-19.

O alcalde, Manuel Cuiña, foi informado este mediodía polas autoridades sanitarias das medidas adoptadas, que entrarán en vigor na medianoite de hoxe mércores.

Entre as medidas, que xa se aplican en concellos como Lalín, Santiago, ou Poio, entre outros, incluen a limitación dos aforos ao  50% en  establecementos comerciais, de restauración e hostelería, así como en bibliotecas, academias ou autoescolas.

Tamén se limitan as reunión de persoas a un máximo de 10, tanto de carácter privado como na vía pública, ademais de aplicarse reduccións de aforo en celebracións, velorios ou lugares de culto.

 

No caso de celebracións non se poderá superar o 50% do aforo da sala, nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 ao aire libre.

Decisión agardada

“Xa contábamos con que en Silleda se aplicaran estas medidas, non en vano, o luns xa decidimos dende o Concello adoptar decisións anticipándonos  á estas accións”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Así, o luns emitiuse un bando informando do peche dos parques infantís e áreas biosaudables, os centros sociais das parroquias, e suspendendo as actividades culturais, ademais de continuar cas instalacións deportivas pechadas.

“Decidimolo despois de ver con preocupación cómo a pasada semana se detectaban 9 positivos, seguindo un ritmo de contaxios moi elevado”, indica o rexedor, que tamén informou ao inspector da Policía Local para coordinar as tarefas de vixiancia.

Hoxe mércores son de novo 28 os casos activos, tras detectarse un máis e producirse unha nova alta. Ademais hai dúas persoas ingresadas en centros hospitalarios, unha delas na UCI.

“Dende o Concello de Silleda, como xa vimos facendo dende o inicio da pandemia, realizamos un chamamento á toda a poboación para cumprir con estas restriccións e apelamos á responsabilidade individual para conseguir entre todos frear a cadea de contaxios”, indica Cuiña.