-Dende o Concello de Silleda lémbrase ás empresas e comercios beneficiarios que deben de presentar a documentación pertinente. Na web publícanse dous decretos de Intervención aclarando as dúbidas respecto a prazos e outros trámites
Silleda, 15 de outubro de 2020. O Concello de Silleda informa ás empresas, comercios e autónomos que resultaron beneficiarios do programa de axudas Silleda Reactiva, para paliar a incidencia da Covid-19, que xa está en marcha o proceso de xustificación das mesmas.
Así, e debido ás dúbidas que plantexaron algúns dos beneficiarios, en canto a prazos e documentación, veñen de editarse dúas resolucións (dispoñibles na web municipal) nas que se da conta dos informes do departamento de Intervención ao respecto.
En canto aos prazos de xustificación, -nas bases recollíase que comezarían tres meses despois do remate do Estado de Alarma- o informe de Intervención establece que debe de estimarse o remate da normativa estatal, polo que o prazo de xustificación está aberto dende o 22 de setembro e ata o 21 de decembro (son outros tres meses de duración).
Ata esta data, as persoas e entidades beneficiarias poden presentar a documentación pertinente por rexistro electrónico para xustificar as axudas recibidas.
Outra das cuestións aclaratorias do informe pasa pola documentación que se debe presetnar para xustificar a minoración de ingresos. O informe conclúe que a xustificación será finalmente correcta sempre que permita coñecer os ingresos medios entre outubro de 2019 e febreiro de 2020, os ingresos da mensualidade obxecto de comparación. Tamén se recolle no informe a documentación que debe de presentarse.
O programa Silleda Reactiva, que se puxo en marcha o pasado mes de abril para apoiar ao sector comercial e empresarial outorgou un total de 242 axudas. Aplicáronse dúas liñas: unha de 800 euros de axuda para establecementos que permaneceron pechados polo confinamento e outra de 300 euros para os que aínda podendo estar abertos viron reducida a súa facturación.
“Estamos moi satisfeitos por ter contribuido dende a Administración Local a axudar aos nosos empresarios, comercios e autónomos nun momento moi complicado”, explica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña, lembrando que se axilizou ao máximo a tramitación, realizando xa os primeiros pagos a mediados de maio.
- 20201009_Resolución_DECRETO 2020-0620 [016-Resolución dúbidas interpretativas en relación coas bases do Programa SIlleda reactiva.Prazo de xustificación.]
- 20201009_Resolución_DECRETO 2020-0621 [015-Resolución dúbidas interpretativas en relación coas bases do Programa SIlleda reactiva.Xustificación perdas económicas.]