-A firma adxudicataria rematou en días pasados os traballos cos que se remodelou por completo esta instalación a través da inversión municipial e ca axuda do Fondo de Compensación Ambiental, para a mellora da eficiencia enerxética destas instalacións
Silleda, 23 de outubro de 2020. As obras de remodelación dos vestiarios que dan servizo ao campo de fútbol de Outeiriño e ás piscinas municipais de Silleda están xa listas.
A empresa adxudicataria, Taboada Construcciones y Proyectos,rematou esta semana os traballos cos que se remodelaron e renovaron por completo estas instalacións. O proxecto denominado “ Mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios da piscina e campo de fútbol de Silleda, suporá un investimento de 67.420,15 euros . A través desta obra, coa que se dará un mellor servizo tanto ás piscinas municipais durante a tempada estival como ás persoas usuarias do campo de fútbol de Outeiriño, realizase a reforma integral destas instalacións, que contaban con distintas deficiencias. Acometeuse con fondos municipais e coa aportación de 30.000 euros que lle corresponde ao Concello de Silleda a través do Fondo de Compensación Ambiental (liña non competitiva).
Con esta actuación adecuáronse os vestiarios existentes, mellorando a súa eficiencia enerxética, distribución e adaptando estas dependencias para mellorar esta infraestrutura deportiva. “Con esta nova dotación apostamos por continuar mellorando as nosas instalacións deportivas”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que resalta que a actuación redundará tamén nunha mellora da eficiencia enerxética, ,seguindo a liña doutras actuacións realizadas nos últimos anos.
Cuiña visitou os remodelados vestiarios xunto ca concelleira de Deportes, Mónica González.
Así mesmo, nas vindeiras semanas tamén se acometerá na zona deportiva de Silleda a renovación das planchas laterais do pavillón municipal de deportes “César González Fares”.