-Telefónica está a instalar a rede de hai xa varias semanas. Esta tecnoloxía chegará antes de decemebro de 2021 a máis de 3.200 fogares do municipio
Silleda, 14 de novembro de 2020-. A empresa Telefónica vén de iniciar o despregue de fibra óptica no rural de Silleda. Hai xa varios días que comezou a colocación desta rede de acceso de nova xeración na zona sur do municipio (Refoxos, Laro, Parada, Oleiros…).
O plan presentado pola compañía no Concello inclúe nesta primeira fase un total de 78 núcleos de poboación, nas que se dotará de cobertura con fibra a aproximadamente 3.265 fogares. O compromiso adquirido ante o Estado é o de realizar esta dotación antes do 31 de decembro de 2021.
“É unha grande noticia para o municipio de Silleda, e en especial para o rural”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que con esta actuación se logrará reducir a chamada fenda dixital.
A extensión de fibra óptica acometese a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento, co proxecto de extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades de poboación de Galicia. Agárdase que nos vindeiros meses esté xa en activo o servizo, a medida que se vai despregando a rede.
Esta dotación permitirá que nas denominadas como zonas brancas, nas que non existe cobertura dun mínimo de 30 megas, poidan disponer desta tecnoloxía. A fibra óptica, tamén denomindada FTTH (Fiber to the home) presenta entre as súas vantaxes unha gran velocidade na transmisión de datos (poden acadarse velocidades de 1 Gigabit por segundo e recibir varias canles de TV de Alta Definición e 3D simultáneamente) ou para servizos de videoconferencia de alta calidade.
Tamén mellora a capacidade e calidade de transmisión, e mellora a seguridade á hora de transmitir datos.
“Dende o Concello de Silleda negociaremos con esta entidade para que a rede se vaia extendendo a todo o territorio no menor tempo posible”, indica Cuiña, que explica que ademais de Telefónica no caso do casco urbano de Silleda (onde a compañía R ten rede despregada) tamén hai outra empresa que solicitou licenza de instalación.
No plan remitido ao Concello de Silleda, a compañía Telefónica explica que de xeito preferente o despregue de cabres de fibra se realizará nas canalizacións subterráneas xa existentes, e de xeito excepcional é onde non exista canalización (caso de moitas aldeas do rural) o despregue farase en tendidos aéreos.
Entre os beneficios socieconómicos do despregue de rede de acceso de fibra óptica figura, ademais da reducción da fenda existente no rural (entorno maioritario en municipios como Silleda) en relación a espazos urbanos, tamén se ofrecen novas oportunidades para iniciativas empresariais e se permite ás Administracións Públicas achegar a súa xestión a un maior número de persoas.
“Na Sociedade da Información na que vivimos é clave que a cidadanía conte con estes servizos. Para Silleda, un municipio maioritariamente rural, o despregue de fibra óptica suporá un enorme avance na dotación de servizos”, engade.