-O alcalde, Manuel Cuiña, informou da decisión aos representantes dos veciños da zona, unha boa nova que ten como base o informe do técnico municipal no que advirte que a instalación non é compatible co PXOM aprobado provisionalmente
Silleda, 17 de febreiro de 2021. O Concello de Silleda vén de recibir a comunicación por parte da Consellería de Medio Ambiente de que non procede formular a declaración de incidencia ambiental do proxecto para a instalación dunha gasolineira de autoservizo na zona de Barrio do Campo, promovida pola firma Plenoil.
O alcalde, Manuel Cuiña, informou desta decisión aos representantes dos veciños desta zona, que ao igual que o Concello tamén presentaron alegacións amosando a súa disconformidade ca ubicación elexida para esta instalación.
Segundo recolle a resolución, non procede a declaración deste trámite de incidencia ambiental en base ao informe de data 14 de xaneiro de 2021 asinado polo arquitecto municipal, no que se advirte que o uso solicitado non é complatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda.
“Ainda que contra a esta resolución cabe recurso, é unha primeira batalla ganada contra una instalación para a que sempre dixemos, ao igual que a veciñanza da zona, que non estábamos dacordo ca ubicación proposta”, engade o alcalde.
O Concello de Silleda, ao igual que moitos veciños da zona, presentou ademais deste informe unha alegación o pasado mes de xaneiro, centrándose en cuestións relacionadas coa afección ambiental nunha zona onde exiten humedais ou mantantiais. Así mesmo tamén se considerará o feito da existencia dunha estación de servizo moi preto da ubicación proposta.
O modelo de autoservizo, sen persoal que atenda, tamén apunta cara a unha diminución da seguridade nunha actividade que require atención constante polo tipo de produtos que se subministran.
“Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas e preto doutra estación de servizo”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, que xa mantivo varias reunión cos veciños cando a empresa promotora presentou o proxecto, en outubro de 2019.
“A postura deste goberno municipal é clara e contundente: trataremos de evitar con todos os recursos legais posibles que a gasolinera se ubique nesa parcela”, indica o rexedor.