Estas actividades, que desenvolve o Concello de Silleda como parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia., terán lugar no Centro Cultural Vista Alegre
Silleda, 8 de abril de 2021. O vindeiro sábado día 17 de abril terá lugar a inauguración da exposición ‘Trasdeza Pinta o Camiño’, resultado da xornada de pintura en vivo realizada o pasado mes de marzo no marco do proxecto co mesmo nome que promove o Concello de Silleda. A iniciativa se enmarca no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, que achegou algo máis de 9.000 euros para o desenvolvemento do conxunto de actos.
A mostra conta con seis obras que recollen os enclaves culturais e naturais da Vía da Prata e do Camiño de Inverno que foron seleccionados polos/as escolares dos centros educativos silledenses, e que artistas silledenses comezaron durante unha xornada de pintura en vivo.
Os/as artistas participantes na mostra son Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que recollen baixo diferentes técnicas e estilos o entorno do Camiño.
A exposición, que será itinerante, estará no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira dende o día 17 de abril ata o 17 de maio; na Casa de Cultura de Silleda dende o 18 de maio ata o 18 de xuño; e na sala de exposicións do Mosteiro de Carboeiro dende o día 21 de xuño ata o 25 de xullo.
O acto de inauguración terá lugar ás 12:00h. e será de acceso restrinxido por mor das medidas de prevención socio-sanitarias.
A continuación ás 13:00h. terá lugar o Foro de Pintura de Trasdeza, un espazo mais técnico, onde os/as artistas participantes así como as persoas que estean interesadas no eido da creación e da pintura poderán compartir experiencias e inquedanzas entorno a ás oportunidades existentes no sector, como o Camiño como porta ás experiencias artísticas, as dificultades de posicionamento dos/as artistas ou boas prácticas e iniciativas posibles.
O acceso ao foro será libre ata completar aforo.