Silleda celebra o Día do Libro ca sesión de contos pola Igualdade de Raquel Queizás

-A cita baixo o lema “Somos iguais”, para o público familiar, será o xoves 22 ás 18:00 horas, se o tempo o permite no xardín da biblioteca municipal. Para asistir será preciso anotarse no 986 581028

 

Silleda, 13 de abril de 2021.  O vindeiro xoves día 22 voltará a Silleda Raquel Queizás, actriz, filóloga e contadora de historias, para conmemorar o Día do Libro.

A cita, organizada dende a Concellería de Cultura, será ás 18:00 horas coa sesión “Somos iguais”, de contos pola igualdade. A actividade está dirixida ao público familiar, e recomendase a partir dos 4 anos. Se o tempo o permite celebrarase nos xardíns da biblioteca municipal Daniel Castelao, e senon nas instalacións do centro.

A través de Queliña, unha nena á que lle gustan as historias e que quere ser aviadora, a narradora ourensá, guiará ao público polas vivendas de nenos, nenas… que rompen os estereotipos que abundan nos contos.

Con este espectáculo, dirixido e protagonizado por Raquel Queizás, unha das narradoras máis recoñecidas do panorama galego, traballase cos contos como xeradores de empatía o fomento da igualdade.

Para asitir á sesión, tendo en conta a situación sociosanitaria, é preciso inscribirse chamando ao 986 581028.