O BOP de Pontevedra publicou o pasado 16 de abril as bases que rexerán as tres convocatorias. Unha vez transcorrido un mes dende a súa publicación, realizarase a convocatoria, abríndose un prazo para a presentación de solicitudes.
As tres liñas de subvencións, con cadansúas bases, teñen como principal novidade e con carácter excepcional a posibilidade de optar ás axudas para a compra de material tanxible ou equipamentos, dado que a situación sociosanitaria actual mermará moitas actividades e mesmo pode implicar a suspensión dalgunha delas.
Deste xeito, dende o Concello continuaráse apoiando a todos os colectivos e clubs, incluso os que non puideran realizar por mor da pandemia as súas actividades habituais no último ano.
A contia a repartir tamén se mantén respecto a outros anos, ca salvedade de que nas subvencións para actividades culturais, tal e como se recolleu no orzamento de 2021, as dúas bandas de música do municipio –polas súas especiais características de funcionamento- recibirán cadansúa subvención con carácter nominativo: 20.000 euros para a Banda de Música Municipal de Silleda e 15.000 euros para a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira.
Deste xeito, por concorrencia competitiva no caso das culturais serán 23.000 euros (58.000 euros en total tendo en conta as dúas nominativas) . Nas axudas a colectivos veciñais e de participación social repartiránse outros 5.100 euros , igual que nos últimos anos, e tamén se mantén a contía de 35.000 euros para os clubs deportivos. A continuación publicanse as bases das tres convocatorias, aprobadas no Pleno.
- BASES SUBVENCIONS ENTIDADES CULTURAIS
- BASES ENTIDADES DEPORTIVAS
- BASES SUBVENCIONS ENTIDADES VECIÑAIS E PARTICIPACIÓN SOCIAL