-Con esta iniciativa tamén se dinamiza o territorio dende o punto de vista turístico, con Códigos QR nos que se pode descargar información sobre o municipio
Silleda, 18 de agosto de 2021. O Concello de Silleda vén de iniciar a colocación dos chamados “Bancos Peregrinos” en varios puntos do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio.
Estes elementos de mobiliario urbano ubicaránse en Trasfontao, Silleda, na Bandeira, e nas parroquias de Piñeiro e Dornelas.
Esta iniciativa ten como obxectivo tamén potenciar a imaxen turística do municipio e ao mesmo tempo facilitar ás persoas visitantes e peregrinos información sobre o municipio mediante a descarga dun Código QR.
Os bancos sitúanse en puntos polos que atravesa a ruta xacobea en Silleda, donde conflúen ademais do Camiño do Sudeste (coñecido como Vía da Prata) o Camiño de Inverno.
Información con códigos QR
Además, este nuevo mobiliario también está pensado para ser puntos de información turística del municipio. A través de un código QR los peregrinos e visitantes en xeral poderán acceder a unha web con información sobre o patrimonio e lugares de interese do municipio silledense. Tamén se engadirá un enlace á web municipal, no apartado de turismo para acceder á información e contacto dos establecementos de hostalería e aloxamentos en Silleda.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, destaca o aumento que se vén constatando este verán tanto do número de persoas que peregrinan a Compostela como de visitantes en xeral, a raíz das estatísticas cas que conta o Punto de Información Turística situado no mosteiro de Carboeiro. “A instalación destes bancos supón unha oportunidade para seguir promocionando o noso municipio”, engade o rexedor.