-A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto con cargo ao Plan Concellos da Deputación, que inclue o arranxo de vías nas parroquias de Dornelas, Ponte, Taboada, Lamela, Carboeiro,Moalde, Vilar, Margaride, Silleda, Cira e Bandeira
Silleda, 26 de agosto de 2021-. O Concello de Silleda continua mellorando distintas vías de comunicación no municipio, cunha extensa rede do viario municipal.
Así, e con cargo aos fondos que lle corresponden do Plan Concellos da Deputación no presente exercicio de 2021, executaráse a mellora dunha ducia de tramos en distintos puntos do termo municipal silledense.
O investimento previsto sitúase en 605.308,53 euros, unha importante cantidade “que suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Así, no proxecto que foi aprobado hoxe en Xunta de Goberno Local figuran un tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde, -en Silleda- e a mellora do acceso e tamén da explanada do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Neste caso trátase dun tramo que se atopa en mal estado e que conecta cunha das circunvalacións arranxadas nos últimos anos, e tamén do acceso ao centro educativo que utilizan a diario as persoas usuarias do centro e o transporte escolar.
Xa na zona rural o plan de mellora viaria inclue actuacións en distintas parroquias. Así, levaranse a cabo obras de mellora en Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que da acceso a varios lugares).
Na parroquia de Vilar arranxarase o vial entre O Barral e Mazarelos e en Carboeiro outros dous tramos: un en Carboeiriño e o que une este último lugar ca parroquia de Ansemil, con case 1 kilómetro de lonxitude.
En Lamela actuarase nun tramo de 1.095 metros dende o acceso da N-525 na Goleta atra o lugar de Vilariño.
Tamén con cargo a este plan de actuación se mellorará a pista central da parroquia de Dornelas, con algo máis de 2, 4 kilómetros de lonxitude.
Nesta zona figura tamén o vial do Curro, na parroquia de Cira, dende o entronque ca EP7017.
Inclúese tamén a reforma integral do vual dende Riocalvo ata Rellas, pasando por Gamil, en Margaride; así coma o tramo de estrada que vai dende a N-640 en Moalde en dirección a Olives, tamén con máis de 1,3 kilómetros de lonxitude.
Completan o proxecto dous viais na parroquia de Taboada: o tramo desde Trasdovalo ata Ponte Taboada e o que vai dende a estrada N-525 ata o lugar de Carballeda.
En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.
“Este novo proxecto unido ao de 2020 con outros 7 viais que se executaron nos últimos meses e outras actuacións suporán unha mellora sustancial na extensa rede viaria que temos no municipio de Silleda, e que continuamos a mellorar con apostas de calado coma esta, con máis de 600.000 euros de inversión”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
Na sesión da Xunta de Goberno tamén se aprobou iniciar o procedemento para a adxudicación dos traballos.
Plan Marco: Balántiga e Cumbraos
Do mesmo xeito, tamén se acometerán nas vindeiras semanas, neste caso a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022 (coñecido como Plan Marco), a reforma integral de dous viais na parroquia de Escuadro.
Trátase das pistas de Cumbraos e Balántiga, dous tramos que acusan un notable deterioro e que se atopan nunha zona cunha alta concentración de explotacións agrogandeiras.
O proxecto estima un orzamento para o arranxo destes dous viais de 90.0055,46 euros.