-Dende o programa municipal Silleda Solidaria lembrase á veciñanza que todos os que desexen realizar aportacións poden facelo a través dun número de conta habilitado polo Cabildo de Canarias ou Bizum
Silleda, 24 de setembro de 2021. O Concello de Silleda realizará unha doazón económica para axudar ás persoas damnificadas pola erupción do volcán na zona de Cumbre Vieja, en La Palma. Unha traxedia que está afectar a milleiros de familias.
A aportación municipal realizarase a través do programa Silleda Solidaria, cunha axuda directa no número de conta habilitado polo Cabildo de Canarias para facer este tipo de aportacións.
Así mesmo, dende o Concello de Silleda, lémbrase a toda a veciñanza e entidades que queiran colaborar con aportacións solidarias que as doazóns se poden facer no numero de conta habilitado polo Cabildo de La Palma: ES47 2100 9169 0122 0017 9456, poñendo no concepto “Donación Volcán”.
As persoas que queiran realizar a súa doazón a través de Bizum deben acceder á pestana ‘Enviar donación’ e introducir o código 03747.
Dende o programa Silleda Solidaria non se descarta a realización de novas iniciativas solidarias e de apoyo ás persoas damnificadas por esta catástrofe natural, en función da evolución dos feitos e necesidades.