Silleda, 24 de novembro de 2021. O Concello de Silleda vén de outorgar por primeira vez axudas a deportistas federados/as de distintas disciplinas deportivas. Á convocatoria, que se abriu o pasado mes de outubro, concorreron un total de 6 deportistas do municipio de diferentes disciplinas (loita, atletismo, pádel e natación), que recibirán cadansúa axuda. A Xunta de Goberno, na sesión do pasado 16 de novembro, aprobou a proposta da Concellería de Deportes, logo de ver o resultado da Comisión de Valoración das solicitudes, nas que se tivo en conta os resultados dos tres últimos anos, proxectos deportivos para a presente tempada, ou a participación en distintas categorías e campionatos. O reparto, que a continuación se recolle no certificado do acordo da Xunta de Goberno Local quedou como segue:
NOME E APELIDOS | PUNTUACIÓN | CANTIDADE PROPOSTA |
Álex Silva Lage | 40 puntos | 615,20 euros |
Mariem Khallouk | 32 puntos | 492,16 euros |
Xián Suárez Ripoll | 22 puntos | 338,36 euros |
Marta Lázara Otero | 45 puntos | 692,10 euros |
Lucía Fernández Molinero | 16 puntos | 246,08 |
Agustín Fernández Molinero | 40 puntos | 615,20 euros |
Total : 2.999,10 euros |