-O certame “Vai de parroquias” arranca este Nadal nas 33 localidades do municipio. Para entrar no sorteo, hai que fotografarse cas árbores que foron colocadas en todas as localidades. As persoas que completen o periplo entrán no sorteo da viaxe, para dúas persoas durante 5 días
Silleda, 10 de decembro de 2022. O Concello de Silleda pon en marcha unha nova iniciativa, neste caso ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Vai de parroquias”, propónse ao público participante visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías cas árbores de Nadal o seu paso polas mesmas.
Todas as persoas que envíen as 33 instantáneas e cubran o formulario de inscrición entrarán no sorteo dunha viaxe ás Illas Canarias para 2 persoas, a celebrar no primeiro trimestre de 2023.
As bases e condicións poden consultarse na web municipal (www.silleda.gal) onde tamén se atopa o formulario de inscrición.
Este certame, no marco da programación de Nadal 2022-23, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación
activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.
Para poder participar no certame é preciso facerse fotografías xunto ás árbores de Nadal que o Concello de Silleda colocará nas 33 parroquias, situándose en lugares estratéxicos como prazas, entorno das igrexas parroquiais ou dos centros sociais de cada unha delas.
Cada unha das árbores, confeccionadas en madeira con elementos reutilizados, seguindo a filosofía de decoración adoptada este ano polo Concello de Silleda, leva o nome das parroquias.
Para obter a condición de persoa aspirante ao premio, é preciso contar con fotografías nas que a persoa que figure como participante salga na instantánea, ao lado da árbore.
Para obter a categoría de persoa participante, é preciso inscribirse con nome, apelidos e DNI, a través do formulario que acompaña as bases, podendo participar só persoas maiores de idade.
As persoas que participen deben de enviar ao enderezo electrónico info@silleda.gal , xunto co formulario de participación asinado, as fotografías que acrediten o seu paso polas 33 parroquias que conforman o municipio de Silleda, en formato jpg ou png.
Todas as persoas que cumpran este requisito entrarán no sorteo do premio. Admitiránse as inscricións e reportaxes gráficas enviadas ata o 7 de xaneiro ás 00:00 horas.
O premio consistirá nunha viaxe ás Illas Canarias para dúas persoas, en réxime de media pensión durante 5 días no primeiro trimestre de 2023.
Unha vez confirmados todos os participantes e rematado o prazo, procederase ao sorteo público entre todas as persoas/envíos que cumpran co requisito.
Cada unha das persoas participantes terá asignado un número, correlativo á orde de chegada da inscrición.
Dito número introducirase, en sobre pechado, nunha urna, para proceder ao sorteo público do premio o luns día 9 de xaneiro ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Silleda.
Máis actividades
Por outra banda, dende o Concello estánse a diseñar máis actividades no marco de Vai de Parroquias, con iniciativas para dinamizar e coñecer o rural, promovendo en colaboración ca veciñanza distintas accións para a posta en valor do rural silledense.