Silleda, 19 de outubro de 2023. O Concello de Silleda vén de aprobar a concesión de tres novas axudas ao abeiro do Plan Municipal de Axudas á Creación do Emprego.
As axudas foron concedidas a Daniel Ángel Buzán, que recibe 2.400 euros no marco do sector da hostalería (“La cocina de Tina”); Noelia Álvarez Cutrín, con 1.500 euros para montar a súa propia peluquería; e a Edilena de Oliveira Amorín, con 1.200 euros para crear o seu negocio no mundo da arquitectura.
A comisión de valoración para outorgar estas axudas está pendente ademais doutras seis solicitudes presentadas este ano, e para as que se acordou requerir nova documentación para completar ou aclarar as propostas presentadas.
Como criterios de puntuación están que o promotor/a do proxecto sexa parado/a de longa duración, a apertura de local, a alta no Réxime de Autónomos ou a contratación de persoal.
As axudas outorgadas poden consultarse na páxina web municipal (www.silleda.gal) ao igual que as bases e os anexos que hai que presentar para formalizar a solicitude.
O Plan Municipal de Axudas á Creación de Emprego iniciouse no 2015 como unha das grandes apostas do goberno municipal de Silleda para fomentar a creación de emprego.