O Concello de Silleda investirá 145.000 euros nos viarios principais do parque empresarial Área 33

O 80% do investimento será subvencionado a través das axudas de Economía e Industria á mellora de infraestruturas nos parques empresaiais

Garantirá ademais o aumento do tránsito que xerarán as novas industrias que se están implantando no polígono

Silleda, 31 de maio de 2024. O Concello de Silleda acometerá a mellora dos viarios principais do parque empresarial Área 33, unha actuación cun invstimento previsto de 145.138,39 euros. Esta actuación levarase a cabo a través da subvención da Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais, ca que se financiará o 80% da obra (con 119.982,71 euros).

Así pois, o Concello, que se presentou a esta liña de subvención  a través de un procedemento de Concurrencia Competitiva, acadou o porcentaxe máximo de axuda que establecían as bases de dita orde.  O 20% restante  do importe do proxecto foi  solicitado polo Concello de Silleda  á Deputación de Pontevedra, a través do Plan Máis Provincia.

Esta mellora das infraestructuras viarias do parque empresarial área 33, vén a resolver o deterioro da capa de rodadura debido ao envellecemento das mezclas, as inclemencias metereolóxicas e ao paso de vehículos pesados que soportan os viais de acceso e o vial distribuidor do parque empresarial silledense.

Na obra a executar prevese a rehabilitación da calzada mediante  a dotación dunha nova capa de rodadura de asfalto en quente con previo fresado da capa existente. Ademais repintarase as marcas viais na zona de actuación, aumentando así a seguridade, eficacia e comodidade na circulación.

Estas obras van a garantir o aumento de tránsito que se van producir no polígono trala incorporación das novas industrias que están ocupando a segunda fase do mesmo.

“Temos que ofrecer os mellores servizos para  que esta segunda fase se colmate definitivamente” di a alcaldesa e responsable de Promoción Económica do Concello, Paula Fernández Pena.

Esta era unha das demandas que lle foi trasladada ao goberno municipal pola Asociación de Empresarios do Polígono, e que se convertirá en realidade neste ano, xa que está previsto iniciarse o procedemento de contratación de forma anticipada, en espera da resolución da  Deputación de Pontevedra. “A colaboración entre Administracións nos permite acadar resultados para atender as demandas que nos solicita a cidadanía, e esta obra é un exemplo de elo”, remarca a alcaldesa.

Con esta actuación, o Concello continúa mellorando esta área industrial de Silleda, onde nos últimos anos se levaron a cabo melloras como a dotación de nova iluminación, a creación dunha nova zona de estacionamento ou a creación do rueiro.