-
Desenvolverase no campo de Outeiriño-Joselu Mato en horario de mañá
O municipio de Silleda acollerá un ano máis o DeporCampus Cabreiroá, impulsado polo RC Deportivo da Coruña. O acto de presentación contou coa participación das concelleiras de Deporte, Mónica González, e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, así como de Alejandro Vidal responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador do programa local da Fundación RC Deportivo
A actividade levarase a cabo entre os días 8 e 12 de xullo próximos, en horario de 10:00 a 14:00. O campo Joselu Mato – O Outeiriño será o escenario deste campus destinado a nenos e nenas de 6 a 14 anos.
As persoas interesadas poden consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición ata o vindeiro martes día 2 premendo nesta ligazón ou na url https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2024/inicio.
Para consultas ou dúbidas sobre a inscrición, tamén se pode remitir un mail a deporcampus@rcdeportivo.es.
O Concello de Silleda agradécelle á Fundación RC Deportivo que contiúe apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses.