A OMIX de Silleda informa sobre os Campamentos de Verán da Lanzada e tramita as solicitudes

Silleda, 5 de marzo de 2015. A OMIX de Silleda informa sobre as convocatorias de campamentos de verán para nenos/as da Deputación de Pontevedra. Trátase do campamento da Lanzada, situado na localidade de San Vicente, en O Grove.  

Na Casa da Xuventude de Silleda tamén se facilitarán os formularios aos usuarios/as e se tramitarán despois ante o organismo provincial.

O campamento de verán do Centro de Vacacións de A Lanzada (O Grove) está dirixido a rapaces/as nados entre os anos 2002 e 2007 (ambas datas incluídas), que residan na provincia. No caso de Silleda, hai un total de 25 prazas disponibles. Haberá un total de 11 quendas, de unha semana cada unha (dende finais de xuño ata principios de setembro), e o prezo é de 83,60 euros por neno/a. Contarán con xogos, deportes, actividades na praia e na natureza, artísticas e culturais, teatro, contacontos…

Todas aquelas persoas interesadas nestas convocatorias deben de presentar, ademais da folla de solicitude, o DNI do pai/nai/titor, DNI do menor (ou fotocopia do libro de familia, se non ten documento de identidade), certificado de empradroamento, tarxeta sanitaria do menor e libro de vacunas.

Na Casa da Xuventude de Silleda (986 580064) tramítanse as solicitudes e ademais se ofrece información sobre equipamento que deben levar os nenos/as, entre outros. O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro día 1 de abril.