Convocadas as axudas ao transporte universitario e ciclos formativos do primeiro semestre de 2015

 

O Concello de Silleda coñecedor da realidade actual de moitas familias do municipio e consciente da necesidade de garantir a igualdade de accedo ás ensinanzas universitarias, independentemente do lugar onde se resida e co ánimo de minorar o impacto que tales gastos supoñen na economía doméstica, establece as presentes bases que regulan a convocatoria de axudas ao transporte para estudiantes universitarios  e de ciclos formativos que cursen estudios oficiais en algún dos Campus  e/ou Institucións da nosa Comunidade Autónoma.

 

PRIMEIRA.- Obxecto

 

O obxecto das presentes Bases é concesión de axudas para reducir os gastos dos alumnos e alumnas empradroados, alomenos un ano antes da publicación destas axudas, no Concello de Silleda que cursen estudios universitarios e ciclos formativos  oficiais na nosa Comunidade Autónoma.

 

SEGUNDA:- O procedemento para a concesión das axudas ao transporte universitario para o curso escolar 2014-15, durante o presente semestre,  rexerase polo disposto nas presentes bases e non que non estea previsto nas mesmas estarase ao disoposto na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, polo RD 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da referida Lei, pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia así como pola Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públidas e do Procedemento Administrativo Común e demais normativa vixente de xeral aplicación

 

TERCEIRA: Importe  máximo da axuda

 

O  importe  máximo a retribuir aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 320 destiñada a tal fin dos vixentes orzamentos do Concello de Silleda, por un importe suficiente para atender as obrigas derivadas destas bases.

 

O importe máximo da subvención por beneficiario será de 300€.

 

CUARTA.- Beneficiarios/as das axudas

 

 Serán beneficiarios/as aquelas persoas que cumpran os requisitos seguintes:

 

1.- Persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda, alomenos un ano antes da publicación das presentes bases, que cursen estudios universitarios e ciclos formativos  oficiais  e/ou Institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

 

 

3.- Renda Familiar

 

Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no punto seguinte das presentes bases.

 

4.- Cálculo da  renda familiar. Obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obtiveran ingresos de calquera natureza de conformidade coa normantiva que regula o imposto sobre a renda das persoas físicas.Son membros computables da familia o solicitante, o pai e a nai, os irmáns solteiros e menores de vintecinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2013 ou de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domiciilio que os anteriores co certificado municipal correspondente. En caso de divorcio ou separación legal dos pais non se considerará membro computable aquél deles que non conviva co solicitante. Terá tamén a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, así as súas rendas incluiranse no cómputo da renda familiar.

Os membros da unidade familiar que presentaran declaración do imposto sobre a renda de 2013, a efectos de cálculo da renda per cápita familiar sumaránse a base impoñible xeral e base impoñible de aforro e o resultado dividirase entre os membros da unidade familiar

No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da  unidade familiar.

Para a concesión desta axuda, e sempre que o órgano competente para a súa adxudicación  o estime oportuno,  poderanse valorar as circunstancias de necesidade, xustificadas co preceptivo informe dos Servizos Sociais Municipais.

 

 

 

QUINTA.-  Solicitudes e prazo de presentación

 

As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse  nun prazo  15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases a través do modelo Anexo I xunto coa documentación complementaria esixida na base sexta, no Rexistro Xeral do Concello de Silleda, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 e sábados de 9:00 a 13:00.

 

 

 

 

 

 

SEXTA.- Anexo I, II  e documentación obligatoria.

 

Os solicitantes deben presentar a súa instancia segundo modelo normalizado, á cal deberán achegar cos seguintes documentos:

 

1º.- Fotocopia do DNI do solicitante.

2º.- Fotocopia da matrícula do curso escolar en curso ou na súa falta certificado acreditativo expedido pola secretaría do centro.

           Tratándose de alumnos que van matricularse trala convocatoria de setembro,  bastará con que acompañen declaración  xurada da súa intención de matricularse, debidamente subscrita polo alumno ou o seu representante legal, sendo necesario que antes do día 15 de decembro presenten fotocopia do resgardo da matrícula. En caso de non remitir o documento antes da referida data considerarase que o interesado desiste da súa solicitude.

3º.- Copia da renda famliar correspondente ao exercicio 2013.

4º.- No caso de non ter presentada a declaración da renda 2013, certificado expedido pola axencia tributaria de  que non consta presentado a declaración do IRPF para o ano 2013.

5º.- Certificación bancaria tendo en conta que a conta corrente debe estar a nome do beneficiario da axuda ou, no seu caso, do titor legal do mesmo.

 

 

SÉTIMA : Resolución e notificación.

 

A convocatoria estará condicionada á existencia de crédito orzamentario.

 

Á vista das solicitudes, a documentación presentada e a proposta de resolución, si concorren os requisitos esixidos e ata o límite do crédito existente na liña orzamentaria  que corresponda, a Xunta de Goberno Local aprobará a acta provisional, a cal publicarase no taboleiro de anuncios do  Concello de Silleda, tanto físico como electrónico na páxina web municipal, concedendo un prazo de 10 díasnaturais para presentar alegaciones.

 

Examinadas as alegaciones no seu caso, formularase a acta definitiva aprobada por Xunta de Goberno Local, que deberá expresar o solicitante ou relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, e a súa cuantía.

 

O prazo máximo para resolver será antes do 31 de marzo de devandito curso escolar, aprobado pola Xunta de Goberno  Local. Transcorrido o prazo sen que recaia resolución, entenderase desestimada a solicitude de concesión de axuda, nos términos previstos no artigo 44 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.