Lista a resolución provisional co reparto de axudas municipais a entidades deportivas e clubs deportivos

Silleda, 30 de agosto de 2014.  A Xunta de Goberno Local do pasado día 19 aprobou de maneira provisional o reparto das axudas a entidades deportivas e actividades culturais, en base á proposta da Mesa de A resolución provisional correspondente, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (pranta baixa) e tamén se poderá consultar na web municipal (www.silleda.es). Esta resolución provisional tamén foi comunicada xa aos colectivos, coa cantidade e puntos outorgados a cada un.

Os colectivos, entidades e clubes beneficiarios  dispoñen agora dun prazo de 10 días, (contado a partir da publicación no taboleiro) para aceptar a axuda ou formular, no seu caso, alegacións, á resolución. O prazo para revisar esta cualificación provisional remata o vindeiro mércores día 10.

A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas dúas convocatorias, que foron publicadas no BOP o día 17 de xullo.

En ámbolos dous casos as entidades beneficiarias teñen de prazo ata o 15 de decembro para xustificar estas axudas. O reparto especifícase nos seguintes documentos adxuntos.