O Concello habilita un punto de información para os afectados por danos dos últimos temporais

O Concello de Silleda pon en marcha unha punto de atención e información aos veciños e veciñas afectados polos últimos temporais. Esta ubicado na Casa da Cultura, onde se atenderá aos afectados en horario de 10.00 a 14.00 horas. Nestas dependencias haberá unha persoa encargada de informar aos cidadáns sobre o Real Decreto Lei 2/2014 do 21 de febreiro, polo que se regulan as Axudas destinadas a paliar danos persoais, danos materiais en vivendas e enseres, establecementos industrias, mercantís, agrarios, turísticos e outros. Este decreto foi publicado o pasado 22 de febreiro no Boletín Oficial do Estado.

Ademais de informar sobre o contido e as condicións das axudas, tamén se tramitarán estas, se procede. Así, nestas dependencias municipais facilitarase ás persoas afectadas o modelo de solicitude e se cumplimentará debidamente para logo tramitar ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Este servizo estará dispoñible ata o vindeiro día 11 de abril. O Ministerio de Interior debe de resolver, segundo recolle o citado decreto, nun prazo de tres meses contados a partir da data de solicitude.

“Con esta iniciativa queremos axudar a todos aqueles  veciños e veciñas que sufriran nas súas propiedades danos derivados da última vaga de temporais”, explica o alcalde, Manuel Cuíña, reiterando que ademais de ofrecer información sobre as condicións das axudas, tamén se tramitarán para remitir despois á Subdelegación do Goberno.

Danos en infraestruturas e rede viaria municipal

Por outra banda, o goberno municipal xa ten ultimada a relación de danos na rede de vías municipais e en bens e edificios tamén de titularidade municipal. En canto ás vías, contemplanse a formación de socavóns, tramos moi afectados polos efectos das enchentas, a formación de baches ou o levantamento do asfalto en distintos puntos do rural. No tocante a edificios municipais destacan as graves inundacións no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, onde houbo que facer de xeito urxente un pozo coa correspondente bomba de achique; no campo de fútbol de Laro; o campo da petanca da Bandeira ou as filtracións que provocaron tamén estragos na biblioteca municipal e no Centro Social dos Maiores.

“A falta dunha valoración definitiva, é de supoñer, á vista da relación de danos que o orzamento de reparación será cuantioso”, apunta o alcalde, Manuel Cuíña.