-Este servizo municipal está a dar xa vez para o mes de febreiro. Aténdese todos os luns en horario de 10:00 a 14:00 horas
Silleda, 28 de decembro de 2022. O vindeiro luns día 2 de xaneiro ábrese o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro do Plan Estatal de Vivenda para persoas maiores de idade, con ingresos anuais por unidade familiar entre o 0,5 e 3 veces o IPREM.
Dende a Oficina Municipal de Vivenda facilitarase información sobre cómo e onde solicitar as axudas via Telefónica ou de forma presencial. Como se espera unha alta participación nestas axudas, recomendase que a tramitación se faga vía electrónica. Ao final deste texto ofrécese unha guía para tramitar ditas axudas, así como os anexos.
O pasado luns día 19 botaba a andar a Oficina Municipal de Vivenda do Concello de Silleda, nas dependencias de Urbanismo. Logo dunha primeira sesión informativa aberta ao público sobre as distintas convocatorias de axudas abertas ou en previsión de convocatoria, neste departamento estase a atender con cita previa todos os luns pola mañá en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Cada vez son máis as persoas que están a acudir a este servizo, onde a día de hoxe xa se está a dar cita para o mes de febreiro.
Unha arquitecta co apoio de personal municipal atende este servizo no que se asesora das convocatoras dispoñibles en materia de vivenda, entre as que destacan as incluídas polo goberno de España no marco do Plan de Transformación, Recuperación e Resilencia (Next Generation) así como do Plan Estatal de Vivienda 2022-2025, en liña co obxectivo común europeo de redución do consumo e demanda enerxética.
Un momento histórico pola chegada de fondos europeos para que a veciñanzada poda rehabilitar e mellorar as súas vivendas. Ademais da mellora de eficiencia enerxética tamén se asesora sobre axudas para accesibilidade, redacción de proxectos, beneficios fiscais… e se ofrece información sobre o bono alugueiro para a mocidade entre outros. De interés son tamén as destinadas á edificacións incluídas na Área de Rehabilitación Integral do Camiño de Santiago, e que corresponden ás edificacións situadas nas Parroquias de Chapa, Cira, Dornelas, Lamela, Margaride, Manduas, Negreiros, Piñeiro, Rellas, Siador, Taboada e Silleda (esta última exclusivamente no trazado do Camiño)
Para solicitar cita previa neste servizo do departamento de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández Pena, hai que chamar ao número de telefóno 986180233.
Técnicos colaboradores
Así mesmo, ante o interese despertado pola oficina e a cantidade de persoas usuarias da mesma que preguntan a qué persoal técnico acudir para tramitar proxecto, abrirase un prazo (que estará aberto de forma pemanente) para que as persoas profesionais interesadas en realizar estes traballos poidan anotarse na oficina convertíndose en técnicos/as colaboradores da mesma, e así poder poñer á veciñanza en contacto con eles.