-Tamén se aprobaron outras dúas novas axudas a emprendedores
Silleda, 12 de xullo de 2016. O goberno municipal de Silleda aprobou hoxe os pregos para a compra de dúas novas caldeiras de biomasa. Cun investimento que se achegará aos oitenta mil euros, as caldeiras darán servizo ás dependencias municipais da Casa do Concello e á actual Escola de Música.
Con estas dotacións melloraranse as condicións destas instalación municipais, ademais de lograr un maior aforro no consumo enerxético.
Aprobadas as subvencións culturais e deportivas
Tamén na xunta de goberno de hoxe se aprobou o reparto das axudas a entidades culturais e deportivas. Nos vindeiros días comunicarase esta resolución ás entidades solicitantes, así coma tamén se fará pública a relación de beneficiarios.
Axudas a emprendedores
Outras das resolucións levadas a cabo na xunta de esta mañá, ademais dos asuntos cotiáns, foi a concesión de dúas novas axudas a emprendedores, enmarcadas dentro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego.