A Xunta de Goberno Local aproba os pregos para a compra de dúas caldeiras de biomasa

-Tamén se aprobaron outras dúas novas axudas a emprendedores

Silleda, 12 de xullo de 2016.  O goberno municipal de Silleda aprobou hoxe os pregos para a compra de dúas novas caldeiras de biomasa.  Cun investimento que se achegará aos oitenta mil euros, as caldeiras darán servizo ás dependencias municipais da Casa do Concello e á actual Escola de Música.

Con estas dotacións melloraranse as condicións destas instalación municipais, ademais de lograr un maior aforro no consumo enerxético.

Aprobadas as subvencións culturais e deportivas

Tamén na xunta de goberno de hoxe se aprobou o reparto das axudas a entidades culturais e deportivas. Nos vindeiros días comunicarase esta resolución ás entidades solicitantes, así coma tamén se fará pública a relación de beneficiarios.

Axudas a emprendedores

Outras das resolucións levadas a cabo na xunta de esta mañá, ademais dos asuntos cotiáns, foi a concesión de dúas novas axudas  a emprendedores, enmarcadas dentro do Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego.