Aberto ata o 2 de maio o prazo para solicitar as axudas do Concello de Silleda a entidades culturais, deportivas e veciñais

 Silleda,  1  de abril de 2025.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publica hoxe martes 1 de abril  a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social.

O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, rematando pois o vindeiro día 2 de maio.

As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obrigatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda. O prazo de xustificación das cantidades outorgadas rematará o 30 de novembro.

Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580000, ao departamento de Cultura e Deporte. A continuación figuran as bases e anexos:

Subvencións a entidades culturais:

Subvencións clubs deportivos:

Subvención entidades veciñais e /ou de participación social: