Silleda, 19 de xullo de 2019. Dende hoxe luns día 19 e ata o sábado 31 de xullo, incluido, está aberto o prazo de inscrición no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda para o curso 2021-2022. As inscricións poderán facerse de xeito presencial nas oficinas do Rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello. Xunto co modelo normalizado de inscrición e o anexo II (declaración xurada cumprimentada), deberase presentar a seguinte documentación:
• Copia do libro de familia, ou certificado literal de nacemento.
• Familias monoparentais: documentación que o acredite. Terase en conta a renda de quen exerza a garda e custodia. De ser esta compartida, as rendas de ambos proxenitores.
• Copia da última renda familiar (ano 2020). No caso de non presentar declaración: nóminas, certificado de empresa, certificado de pensións ou calquera outro documento que o avale, unido a unha declaración xurada de non percibir outros ingresos.
• Última nómica ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
• No caso de cursar estudos oficiais, certificación que acredite tal circunstancia.
• Tarxeta de desemprego.
• Autorización de domiciliación de recibos.
• Copia da tarxeta sanitaria do/a menor.
|
As familias que anteriormente presentaran esta documentación e a situación non variara (é dicir, que a documentación estea actualizada), non terá que volver a presentala, senon que marcará a casiña correspondente no modelo de inscrición onde se establece que eses documentos xa obran no poder do Concello de Silleda:
SUPOSTOS:
- Familias de nova inscrición_ Deben entregar toda a documentación actualizada.
- Familias que xa entregaron a documentación con anterioridade porque xa participaron no SLE noutro momento:
- Se a documentación que entregaron para acreditar situación familiar segue a ser a mesma e non sufreu ningunha modificación (libro de familia, situación laboral…) NON TEÑEN QUE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DE NOVO, marcarán a casiña no reverso do modelo normalizado de inscrición onde indica que xa obra no poder do Concello.
- Se a situación familiar acreditada no seu momento sufreu algunha modificación debe entregarse SÓ o documento relativo a esa modificación (p.e. algún dos proxenitores que non estaba traballando e se incorpora ao mundo laboral, a modificación na unidade convivencial, cambio de número de conta, …).
INFO XERAL DO SLE
O Servizo Lúdico Educativo de atención a escolares fóra do horario lectivo:
- Lugar: Instalacións do CEIP Silleda.
- Horario: de luns a venres de 15:00 a 21:00 h e días non lectivos non festivos que coincidan en día de semana en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. O comezo e o remate deste Servizo coincide co comezo e o remate do curso escolar 2021-2022.
- Idades: de 3 anos (menores escolarizados) a 12 anos, empadronados no Concello de Silleda (Só se aceptarán menores non empadronados neste municipio cando existan prazas libres e non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como se estipula na normativa municipal.)
- A listaxe de participantes admitidos realizarase de acordo ao Regulamento municipal.
- Prazas: Habitualmente o Concello conta con 50 prazas neste Servizo, pero quedamos á espera da normativa que rexa estas actividades no momento do inicio de cara a axustar o número de participantes e as medidas hixiénico-sanitarias ao estipulado polas autoridades competentes.
- Taxas: as establecidas na Ordenanza municipal.
- Para máis información 986592037
Formularios para a presentación de solicitudes: