Silleda, 24 de marzo de 2026. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publica hoxe martes a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social.
O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir da publicación, rematando pois o vindeiro 24 de abril.
As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obrigatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda, tal e como establecen as bases.
Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580000, ao departamento de Cultura e Deporte.
En total, nesta anualidade de 2006 o Concello de Silleda destinará un total de 104.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social, ao igual que no exercicio anterior.
Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 11.100 euros.
Reunión cos colectivos
Por outra banda, e a fin de solventar posibles dubidas e informar pormenorizadamente do contido das bases e a convocatoria, dende o Concello convócase aos colectivos a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro martes día 31 ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello. A continuación figuran as bases e anexos de solicitude das tres convocatorias:
- AXUDAS A ENTIDADES CULTURAIS
2. AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS
3. AXUDAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS E/OU DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
