Abonadas xa un total de 212 axudas do programa Silleda Reactiva, por un importe total de 138.100 euros

Silleda, 18 de maio de 2020. Tal e como se informou en días pasados, o Concello de Silleda comezou xa a pagar as axudas do programa Silleda Reactiva. Na xornada de hoxe luns, a primeira hábil dende que rematara o pasado venres o prazo de exposición pública da modificación orzamentaria para este fin, ( por importe de 302.000 euros) , pagouse a primeira remesa de subvencións, por un montante total de 138.100.
Así, aboáronse 149 axudas da líña 1 (800 euros) para os establecementos que permaneceron pechados pola crise sanitaria; e outras 63 axudas da liña 2 (con 300 euros) para os casos nos que a reducción de ingresos nun 50%.
A comisión de valoración continuará o seu traballo nos vindeiros días, revisando as solicitudes que entraron nos últimos días e requerindo documentación ás que están incompletas, ou ben informando das que presentan distintos defectos, ou non cumplen cos requisitos das bases, publicadas no BOP de Pontevedra o pasado 17 de abril.
“Vimos urxente aprobar estas axudas directas con cargo a eses 302.000 euros do remanente para axudar aos nosos comerciantes, hostaleiros e autónomos ante esta situación sen precedentes”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que o proceso se axilizou ao máximo para poder facer o abono xa nesta primeira xornada permitida cos prazos legais.
As bases establecen dous tipos de axuda. Así, no epígrafe 1, con axudas directas de 800 euros, inclúense todos os establecementos que tiveron que pechar as suas portas dende o 14 de marzo polo RD 463/2020; e no epígrafe 2, os que sufriran unha reducción de alomenos o 50% en relación coa media do semestre natural anterior á declaración do Estado de alarma, con axudas de 300€.
O prazo para solicitar estas subvencións, por concorrencia competitiva, abriuse o pasado 18 de e continuará ata o décimo quinto día hábil posterior á finalización do Estado de Alarma.
As solicitudes, segundo un formulario específico, deben tramitarse a través da Sede electrónica. As bases e formularios estarán dispoñibles tamén na web municipal e os datos das axudas publicaránse no Portal de Transparencia.
Entre os requisitos comúns que deben de cumprir os beneficiarios figuran: que a actividade económica sexa desenvolvida por unha persoa autónoma, unha microempresa ou pequena empresa; estar dado de alta no Réxime da Seguridade Social ou mútua profesional así como en Facenda, no momento de presentar a instancia; que o domicilio fiscal e –no seu caso o local de actividade- estén no termo municipal de Silleda, entre outros.
As bases incluén tamén a documentación a presentar por parte dos solicitantes e as obrigas das persoas beneficiarias, que entre outros, deben manter a actividade empresarial durante 3 meses como mínimo a partir do día seguinte a que remate o Estado de Alarma.