Ábrese o prazo para solicitar as axudas municipais a entidades culturais, deportivas e veciñais de Silleda

Silleda, 3 de maio de 2022. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe a convocatoria das axudas a entidades culturais, deportivas e veciñais ou de participación social para este ano 2022. As bases destas tres convocatorias foron publicadas o pasado 10 de febreiro e tamén na Base Nacional de Datos de Subvencións. Ao igual que na convocatoria do ano paso, tamén se establece a posibilidade de poder optar a axudas para material, á vista de que a pandemia non permitiu realizar algunhas das actividades previstas. Cada colectivo, ao igual que en anos anteriores, só poderá optar a unha das tres convocatorias. Así mesmo, tal e como marca a normativa, as solicitudes deben de facerse por sede electrónica. O prazo para presentar as propostas remata o vindeiro 4 de xuño.
En total, nas tres liñas de subvencións repartiránse máis de 100.000 euros, unha cantidade histórica, ao aumentar tamén este ano a cantidade prevista na liña de subvencións a entidades veciñais e/ou de participación social. Deste xeito, dende o Concello continuaráse apoiando a todos os colectivos e clubs, incluso os que non puideran realizar por mor da pandemia as súas actividades habituais nos últimos meses.
No caso das actividades culturais, hai unha partida específica con subvencións nominativas para a Banda de Música Municipal de Silleda (20.000 euros) e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira (15.000 euros)., polas súas especiais características de funcionamento.
Deste xeito, por concorrencia competitiva no caso das culturais serán 23.000 euros (58.000 euros en total tendo en conta as dúas nominativas) . Nas axudas a colectivos veciñais e de participación social repartiránse outros 8.100 euros, tres mil máis que nos últimos anos, e tamén se mantén a contía de 35.000 euros para os clubs deportivos.
As bases e a documentación están ademais dispoñibles a continuación:

  • Subvencións a entidade Culturais:

ANUNCIO BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES CULTURAIS

ANEXOS SUBVENCIÓNS CULTURAIS

  • Subvencións a entidades e clubs deportivos:

ANUNCIO BASES SUBVENCIONS ENTIDADES DEPORTIVAS

ANEXOS SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS

  • Subvencións a entidades veciñais e/ou de participación social 

ANUNCIO BASES SUBVENCIÓNS ENTIDADES VECIÑAIS E PARTICIPACIÓN SOCIAL

ANEXOS SUBVENCIÓNS VECIÑAIS