Silleda, 16 de decembro de 2017-. As obras de construcción da Residencia e Centro de Día de Maiores de Silleda avanzan a bo ritmo. A día de hoxe está xa levantada a estrutura dun dos dous edificios centrais que formarán o complexo.
O alcalde, Manuel Cuiña, visitou as obras acompañado co responsable da firma constructora, Coviastec Silleda, ao que expuso tamén o proxecto da rede de calor con biomasa que incluirá o subministro a este edificio na súa primeira fase.
Segundo as previsións da entidade, que se encargará tamén da xestión do centro, a residencia e centro de día de Silleda estará rematada en setembro do vindeiro ano. "Tal e como mantivemos Silleda terá este servizo tan necesario e demandado nesta lexislatura", indica o alcalde, Manuel Cuiña.
As obras comenzaron o pasado verán cunha inversión total de 3,8 millóns de euros. A residencia contará con 59 prazas e outras 20 de Centro de Día.
Este complexo, situado na parcela municipal xunto ao recinto ferial, será ademais un dos que se conecten á rede de calor don biomasa impulsada polo Concello de Silleda, xunto con outras dependencias públicas desta zona onde se ubican infraestruturas educativas e deportivas e tamén o Hotel Vía Argentum.