As obras do Centro de Día e Residencia avanzan a bo ritmo con previsión de estar rematadas en setembro de 2018

Silleda, 16 de decembro de 2017-.  As obras de construcción da Residencia e Centro de Día de Maiores de Silleda avanzan a bo ritmo. A día de hoxe está xa levantada a estrutura  dun dos dous edificios centrais que formarán o complexo.

O alcalde, Manuel Cuiña, visitou as obras acompañado co responsable da firma constructora, Coviastec Silleda, ao que expuso tamén o proxecto da rede de calor con biomasa que incluirá o subministro a este edificio na súa primeira fase.

Segundo as previsións da entidade, que se encargará tamén da xestión do centro, a residencia e centro de día de Silleda estará rematada en setembro do vindeiro ano. "Tal e como mantivemos Silleda terá este servizo tan necesario e demandado nesta lexislatura", indica o alcalde, Manuel Cuiña.

As obras comenzaron o pasado verán cunha inversión total de 3,8 millóns de euros. A residencia contará con 59 prazas e outras 20 de Centro de Día.

Este complexo, situado na parcela municipal xunto ao recinto ferial, será ademais un dos que se conecten á rede de calor don biomasa impulsada polo Concello de Silleda, xunto con outras dependencias públicas desta zona onde se ubican infraestruturas educativas e deportivas e tamén o Hotel Vía Argentum.