Emilio Pérez Touriño presentou a I Xornada Formativa do Centro Agrario de Silleda

-A volta ao rural e a importancia do relevo xeneracional no agro foron un dos puntos que tratados polo expresidente na súa presentación

-Tres poñentes expuxeron outras tantas oportunidades de cultivos innovadores

Silleda, 27 de maio de 2016.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presentaron esta tarde a primeira sesión das xornadas formativas previstas polo Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda.

A importancia da volta ao rural dos máis novos para a súa revitalización, creando emprego e conseguindo fixar poboación nel, así coma o conseguir desmitificar a idea de que o traballo no campo é algo atrasado e pouco rendible, foron uns dos temas máis recorridos na presentación, na que se encomiou a incansable capacidade de traballo e esforzo que tiveron os galegos dende sempre para conseguir superarse en tempos de crise.

Pola súa parte, tres importantes poñentes expuxeron os traballos das súas respectivas empresas, onde tratan cultivos innovadores ou pouco explotados na zona.

Belén Matilla, xerente de Lutega, unha cooperativa integrada por profesionais do mundo agrario e industrial con sede en Betanzos, abreu  as xornadas, expoñendo a pretensión da súa empresa, que reside na reimplantación do cultivo del lúpulo en Galicia, a súa transformación e comercialización entre los principais produtores de cervexa.

A súa cooperativa está integrada por profesionais do mundo agrario e industrial, que se agruparon apostando polo asociacionismo como filosofía emprendedora.  

 Seguidamente tomou a palabra José Luís Olmedo, xestor de proxectos de innovación en Hijos de Rivera Inversiones Corporativas, que falou de Maeloc, un proxecto de investigación posto en marcha por esta empresa, no que se estudan tanto o comportamento agronómico, coma as características tecnolóxicas de distintas variedades galegas de mazá para a elaboración de sidra.

O terceiro poñente, Jacobo Prado, director xerente de Invergalia, expuxo a labor de explotación da castaña de alto valor engadido e a súa comercialización, traballos aos que se dedica a súa empresa.

A clausura da xornada veu de man de Manuel Cuíña, Alcalde de Silleda, que estivo acompañado tamén por Francisco Ferreiro Seoane, profesor e doutor en economía na USC, Álvaro Martínez Roel, enxeñeiro agrónomo da USC, Ana Doval Fraíz, politóloga pola USC e experta en axudas europeas, e Jesús Taboada Lázara, concelleiro de Medio Rural, todos eles en calidade de moderadores da actividade.

Esta foi a primeira das accións formativas previstas dende o Centro de Desenvolvemento Agrario, que continuará en próximas datas tratando outros temas coma o “Emprendemento agrario”, “Horticultura ecolóxica”, ou a “Comercialización de Produtos Agrarios”.

“Coa programación destas xornadas damos un paso máis nunha iniciativa municipal que está acaparando moita expectación ata fora das nosas fronteiras e que, aínda que sabemos que non será fácil e que levará o seu tempo poñela a andar de xeito definitivo, confiamos plenamente nela co fin de revitalizar o rural e o sector primario do noso concello”, comenta o alcalde, que ademais engade que “a formación foi dende o primeiro momento, un dos eixos deste proxecto, que conta coa admiración e o apoio de personalidades e profesionais do sector, tal e como se reflexou nas colaboracións deste primeiro encontro formativo”.