O Centro de Interpretación da Natureza de Escuadro inclúe completa sinalización ata a Fervenza da Férveda

Silleda, 17 de setembro de 2013. O Centro Social de Escuadro acolleu hoxe a reunión informativa cos veciños e veciñas de Escuadro para expoñer as características do Centro de Interpretación da Natureza, que se instalará na parroquia. Ao encontró asistiron o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, o concelleiro Klaus Brey, Luis Rodríguez, que tomará posesión a vindeira semana e asumirá o departamento de Medio Ambiente, así como técnicos municipais, que expuxeron os detalles da actuación.

A través dunha proxección os asistentes coñeceron o contido do proxecto, que ten un orzamento de 46.000 euros e que se executará con fondos municipais e a cantidade que lle corresponde ao municipio dentro do Fondo de Compensación Ambiental.

O protagonista da actuación é o roteiro que parte do teleclube, onde se situará o Centro de Interpretación, ata a Fervenza da Férveda. Dentro do citado local non se realizarán obras, xa que só de dotará de contidos museográficos, para a posta en valor dos recursos naturais no entorno da parroquia. Sería unha actuación complementaria con información , en distintos formatos, que conteña datos sobre o sendeiro e a parroquia (fauna, flora, elementos etnográficos…).

A primeira das intervencións, que se inciarán o vindeiro luns por parte da empresa adxudicataria (Míguez Xestoso) será a rehabilitación de dúas edificacións: un muíño e un lavadoiro situados na ruta, que se devolverán ao seu estado orixinal, xunto co seu entorno.

Tamén se adecuará o camiño existente, facilitando o acceso peoníl cunha actuación sinxela (limpeza e desbroze) sen impacto ambiental , e afirmando con xabre as superficies onde haxa máis terreo irregular.

Como peche da intervención e para non causar maior impacto neste entorno privilexiado, tamén se habilitarán unha serie de puntos para que os usuarios do roteiro poidan descansar.

A sinalización estará presente dende distintos puntos da parroquia e no camiño ata chegar á Férveda e ofrecerase aos visitantes sinais de achegamento dende Silleda.

Entorno e posta en valor

Durante a reunión Cuíña explicou aos presentes que o sendeiro da Fervenza da Férveda “era unha vella demanda que agora se fará realidade“ e que con esta actuación poñerase en valor tando este espazo natural, “como principal reclamo de visitantes e turistas” como outros atractivos da localidade.

Escuadro é unha das parroquias máis extensas de Silleda e a terceira máis poboada, que destaca ademais polo seu volumen de producción láctea e a súa mecanización agraria.

Historicamente, xa no S. XVIII, no lugar de Penadauga, se celebraba unha feira mensual onde o que destacaba era a venda de gando.

No aspecto histórico artístico destacan a Igrexa, que conserva a súa primitiva fábrica románica da porta e tímpano (S. XII), integrada na ruta do Románico. O seu santuario de Santa Isabel alberga cada ano  famosas romarías onde se curan as verrugas e outras doenzas, lugar de culto prehistórico, e visita obrigada do ofrecido.

Outro dos elementos destacados é o Pazo de Cascaxide, preto dun castro do mesmo nome, que foi casa dos Espinosa (S. XVII) e que forma un fermoso conxunto con torre, capela e cruceiro dos máis chamativos do Concello. Como patrimonio paixasístico paga a pena visitar o Salto de Férveda situado no lugar do mesmo nome e o Bosque de Cascaxide, declarado espazo protexido.