Silleda, 3 de febreiro de 2017. O Concello de Silleda colabora por segundo ano consecutivo coa proba 102 Kilómetros Carballiño-Santiago organizada polo Club de Atletismo do Carballiño.
A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, mantuvo un encontro co presidente desta entidades, Fernando Guerra, para concretar a nova colaboración do Concello.
Esta proba celebrará a súa segunda edición o vindeiro día 11 de marzo e ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata.
Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o entorno da avenida do Parque de Silleda e o pavillón polideportivo da Bandeira para realizar o avituallamiento dos participantes.
“Un ano máis colaboraremos con esta proba, que unifica carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas” – comenta concelleira, Ana Luisa González.
A Carreira partirá da praza de Veracruz do Carballiño o día 11 de marzo ás 07:00 horas. Para más información e inscricións as personas interesadas poden anotarse na web de Cronotec.