O Concello de Silleda colaborará por segundo ano consecutivo coa proba 102 kilómetros Carballiño-Santiago

Silleda, 3 de febreiro de 2017.  O Concello de Silleda colabora por segundo ano consecutivo coa proba 102 Kilómetros Carballiño-Santiago organizada polo Club de Atletismo do Carballiño.

A concelleira de Deportes, Ana Luisa González Costa, mantuvo un encontro co presidente desta entidades, Fernando Guerra, para concretar a nova colaboración do Concello.

Esta proba celebrará a súa segunda edición o vindeiro día 11 de marzo e ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata.

Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o entorno da avenida do Parque de Silleda e o pavillón polideportivo da Bandeira para realizar o avituallamiento dos participantes.

“Un ano máis colaboraremos con esta proba, que unifica carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas” – comenta concelleira, Ana Luisa González.

A Carreira partirá da praza de Veracruz do Carballiño o día 11 de marzo ás 07:00 horas. Para más información e inscricións as personas interesadas poden anotarse na web de Cronotec.