O Concello de Silleda contará con nove novos operarios  a partir de abril a través do Plan Concellos 2021

-Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses

Silleda,  15 de febreiro de 2021. O Concello de Silleda contará con 9 novos operarios por un periodo de 9 meses, dende o 1 de abril  e ata o 31 de decembro. Estas novas contratacións levaránse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.

Así para este exercicio, cunha oferta que inclúe un total de 9 postos:  un/unha administrativo/a para servizos xerais; 4 peóns de obras públicas e outros 4 varredores/as.

Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra  de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio –no caso do posto de administrativo- aos servizos xerais do Concello.

A selección do personal farase ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e  entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.

Estas contratacións supoñen unha inversión de algo máis de 178 .000 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos.

“Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

Ademais das contratacións dende o Concello de Silleda estanse a levar a cabo distintas iniciativas relacionadas coa promoción do emprego como Plan Municipal de Axuda á Creación de Emprego , que xa axudou a preto de 40 veciños e veciñas do municipio a iniciar a súa andaina a nivel laboral con novos proxectos de emprendemento.