Silleda, 31 de xullo de 2019.O Concello de Silleda contratará en prácticas e a xornada completa a un traballador ou traballadora social e a un arquitecto ou arquitecta durante 6 meses (prorrogable por outros 6) de acordo coa normativa vixente. Será para os departamentos de Servizos Sociais e Urbanismo respectivamente. O contrato deberá formalizarse antes do vindeiro 24 de agosto.
Esta contratación faise mediante a iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra, “O teu primeiro emprego”. Este plan ten por finalidade facilitarlle ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia de Pontevedra, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados para adquirir experiencia profesional e facilitarlles a súa futura inserción no mercado laboral, tanto en empresas como en organizacións sen ánimo de lucro.
A experiencia laboral adquirirase mediante contratos laborais de prácticas,polo que para o seu desenvolvemento a Deputación de Pontevedra conta coa colaboración dos concellos de menos de 50.000 habitantes.
As solicitudes deben presentarse no Rexistro do Concello, nun prazo de 5 días naturais a contar dende o seguinte á publicación do anuncio na web do Concello tendo en conta que é na Oficina de Emprego de Lalín donde se fai a preselección de candidatos e candidatas, remitindo previamente ao Concello esta lista de persoas preseleccionados. A continuación acompáñanse os documentos da convocatoria.
- anuncio o meu primeiro emprego
- BASES O TEU PRIMEIRO EMPREGO. TRAB SOCIAL
- Bases Arquitecto o teu primeiro emprego
- 20190808_Resolución_Decreto_DECRETO 2019-0595 [decreto admitidos e excluidos e sinalando data para valoración. ARQUITECTO_A](1)
- 20190808_Resolución_Decreto_DECRETO 2019-0596 [decreto admitidos y excluidos, señalando fecha para valoración TRABALLADOR_A SOCIAL]
- 20190812_Acta_ACTA TRIBUNAL SELECCION ARQUITECTO_A(4)