O Concello de Silleda pechou o exercicio 2017 cun saldo positivo de 281.467 euros

 

Silleda, 10 de marzo de 2018.  O goberno municipal de Silleda deu conta no pleno extraordindario do pasado xoves la liquidación do exercicio de 2017, que arroxa un ano máis un resultado orzamentario positivo que segue medrando e que se situa xa nos 281.467,42, euros, o que supón 118.321 euros máis que a liquidación de 2016  (con 163.146, 43 euros).

“De novo volvemos a pechar un exercicio en positivo e mellorando ano tras anos a xestión económica do Concello de Silleda”, indica o alcalde e responsable municipal de Facenda, Manuel Cuiña.

O superávit no exercicio pasado situouse en 202.784,31 euros.

Remanente de Tesoureiría

O remanente de Tesoureiría, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos disponibles e os que se deben) é un dos indicadores máis relevantes da liquidación orzamentaria. A cifra sitúase na liquidación en 466.430,48 euros. “Se se ten en conta que no ano 2013 o remanente estaba aínda en números negativos, con -396.327,10 euros, o aforro total e a contención do gasto foron claves para conseguir unha xestión que semellaba impensable”, indica o alcalde, que amosa a súa satisfacción “por acadar estes datos tan positivos para a economía municipal, por ser capaces de sacar a esta Administración local dos números roxos nos que estivo durante anos sumida”, engade.

Cuiña lembra que no 2014 se presentou un orzamento con supéravit pola mesma cantidade que o remanente negativo e dende aquela o resultado foi en progresión. Así, o remanente de tesoureiría foi xa positivo en 2014, con 196.116,16 euros; en 2015 situouse en 389.748, 66 e en 2016 aumentou ata os 542.727,65 euros, “nunha clara progresión que reflexa a melloría das contas”, engade.

Ainda así, o alcalde advirte que en canto ao exercicio pasado a débeda con Indeza obrigará ahora a facer un plan económico financieiro para poder cumprir coa regra de gasto.

“O ano pasado unha sentenza obligou ao Concello de Silleda a pagar 482.000 euros pola débeda coa empresa Indeza, litixo que se remonta aos anos 90 e que por desgracia, como outras moitas, veu a lastrar tamén a saude económica desta Administració ", explica o alcalde.  

Estes case 500.000 euros que se abonaron en 2017 “ e que suponían o 9% do orzamento municipal” –lembra o alcalde- obrigan agora a realizar un plan financiero –tal e como se recolle no informe sobre a Liquidación de 2017- ao superarse o gasto previsto o pasado ano.

“A reordenación das contas, a mellora na xestión dos tributos ou o establecemento de taxas para as grandes compañías que ata hai pouco non deixaban nin un euro en Silleda están detrás deste éxito, xunto coas políticas de aforro e a contención do gasto”, sentencia o alcalde.