O Concello de Silleda súmase ao servizo provincial de recollida de lixo

 

Silleda, 26 de setembro de 2014. O Concello de Silleda vaise adherir ao Servizo Pronvicial de Recollida de Lixo. Así se acordou no pleno ordinario de onte xoves, logo de que a proposta do alcalde, Manuel Cuíña, obtivera o respaldo da Corporación para asinar o Convenio Marco entre a Deputación e os Concello para a prestación do Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos e asimilables.

“Consideramos que este servizo supón unha notable mellora respecto ao actual”, indicou o alcalde.

O PP emitiu o seu voto favorable, indicando o seu portavoz, José Luis Espiño que “todo serán vantaxes”. O concelleiro do BNG, Matias Rodríguez da Torre, abstívose na votación alegando “dúbidas e elementos de xuizo” sobre o servizo.

Ante as preguntas do edil nacionalista sobre os beneficios, Cuíña apuntou que a “Deputación está dando pasos novos con interesantes propostas como a creación de unha planta de compostaxe, unha alternativa a Sogama que nunca antes se presentara e que cremos beneficiosa”, indicou.

Tamén se referiu entre as ventaxas á dispoñibilidade de colectores de carga lateral ou o aforro que suporá para as arcas municipais. Así, a Diputación asumirá o déficit do servizo para o ano que vén. “Pese á suba das taxas, aínda temos un déficit previsto de entre 40.000 e 50.000 euros, que asumiría a Deputación”, engadiu.

O rexedor tamén falou da importancia de estar nos proxectos “dende o principio” e “este conta con concellos de todas as cores políticas”, dixo.

O BNG amosou as súas dúbidas de que coa adhesión se abaraten custes pese á compostaxe.

A adhesión acordouse no pleno no que tamén sairon adiante os orzamentos de 2014, unhas contas históricas para Silleda nas que por primeira vez hai superávit de preto de 400.000 euros, eliminándose o lastre do remanente negativo.

“Como a propia oposición recoñeceu, son os mellores orzamentos para este municipio das últimas tres décadas”, lembrou Cuíña.

No tocante ás mocións,  do BNG para a supresión do cánon bibliotecario saiu adiante cos votos do grupo de goberno (o PP votou en contra aducindo que era imposto por unha directiva europea).

Quedou sen aprobar a do BNG relativa á reforma electoral. O alcalde explicou que o PSOE xa votara a favor nas comisión e augurou que o PP non “será capaz de levala adiante”. Finalmente pediu ao concelleiro do BNG enmendar o texto cambiando a proposta de “referendo vinculante” por “referendo consultivo”, por non axustarse á primeira á Constitución.

O concelleiro do BNG non aceptou o cambio sinalando que tiña que ser vinculante para “facer partícipe á cidadanía”. Finalmente o PSOE abstívose e o PP votou en contra.

Houbo unanimidade na moción para que o concello reserve o dominio de internet .gal., ao igual que na do BNG para solicitar que se fagar o demandado patio do CEIP de Silleda.

Na sesión lembrouse que a Consellería de Educación, a quen corresponde facer a obra non considera prioritaria esta obra, asi coma o cambio de proxecto proposto o pasado ano, cando se disparou o custe previsto.

AP-53 e transporte público

Do mesmo xeito tamén se aprobou por unanimidade unha moción por vía de urxencia do PSOE, para solicitar a Fomento a trasferencia da AP-53, e outra do BNG, que a instancias de Galiza Nova pide melloras nas liñas de transporte público.

Rogos e preguntas

Nos rogos e preguntas o PP pideu ver a viabilidade de facer unha pista de BMX, ao que o alcalde dixo que se estudiaría cando houbera presuposto. Tamén preguntaron polas subvencións para Festas de Interese Turístico. O alcalde explicou que agora hai que xustificar as axudas, mediante o pago de facturas para cubrir gastos de promoción e celebración da Festa da Empanada e Festa da Tortilla. Tamén pediron que se moverá un colector de aceite na rúa Venezuela (esquina Alonso Paz), algo que xa está previsto e se comunicou á empresa, por afectar á visibilidade dos condutores.

Por parte do BNG, preguntouse polo recurso de reposición no proceso de adxudicación do sevizo de canguraxe, que se resolverá na próxima xunta de goberno local.; tamén se pediu tomar medidas co bordillo da parada de taxis, advertindo o alcalde que a xente non debe de cruzar por alí.

O BNG tamén pediu que o Concello actuase polo paso de peóns á entrada da vila na N-525, recoñecendo que se formularon xa peticións. Propuxo instalar bandas rugosas, o que desbotou o alcalde advertindo que Fomento é titular da Estrada e que serían retiradas e se impoñería unha sanción económica.

Pediu que se limpiara a área do Muíño de Covián, en Rellas, recoñecendo o alcalde que está en mal estado e que se fará, “pero agora non damos chegado a todos os sitios”.

Tamén pediu que se invitara a todos os empresarios aos concursos de obras.  O alcalde apuntou que nas últimas convocatorias “non hai quen se queira presentar, porque somos aforradores  e facemos moi axustados os proxectos”, engadiu.