Silleda, 4 de decembro de 2015. O Concurso de Escaparates “Nadal Galego 2015-2016” arrancará o vindeiro mércores día 9 estreando o programa navideño en Silleda. O obxectivo do certame, que cumple xa 16 anos, é estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artísticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que se mostran.
Poderán participar tódolos comerciantes e empresarios do Concello que posúan escaparates
de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso.
Non se esixirá inscrición previa e será unha Comisión de Admisión a que determinará a partir do día 9 qué establecementos entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.
Outorgaránse tres premios: un primeiro do Concello de Silleda dotado con 200 euros e e acceso ao Circuíto Spa e envoltura corporal de temporada para dúas persoas , xentileza do Hotel Vía Argentum de Silleda; un segundo ao escaparate máis orixinal e innovador, outorgado por Espina y Delfin, dotado con 150 euros e acceso ao Circuíto Spa do Hotel Vía Argentum e unha merenda para dúas persoas; e un terceiro ao máis comercial con exposición do produto, dotado con 100 euros en vales de compra, outorgado por ECOS, e tamén cun acceso ao Circuito Spa para dúas persoas por xentileza do citado hotel.
O xurado valorará a orixinalidade e innovación, iluminación dos escparates e tamén o seu carácter comercial á hora de amosar o produto.
Tendo en conta as diferenzas existentes entre os distintos comercios e os produtos que
se poden expoñer, valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo
feito en cada traballo.
Os premios serán entregados o día 28 de decembro de 2015, no Salón de Plenos do Concello previa comunicación de resultados.
O xurado estará composto por varias persoas, mínimo tres, con cualificación suficiente para saber valorar os traballos que se expoñan. Na presente edición estará integrado polo alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Estará presidido polo Alcalde do Concello de Silleda ou persoa en quen delegue.
As bases do certame, organizado pola Concellería de Comercio, que dirixe Ana Luisa González, poden consultarse xa na web municipal (www.silleda.gal).
Segundo recollen só entrarán en concurso escaparates de exterior, e deben de estar elaborados a vindeira semana, permanecendo en exposición ata o 5 de xaneiro Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido e non poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro espírito do concurso.
Nos deseños ou exposicións deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento,con presenza obrigada de produtos de venda do establecemento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renovar os escaparates e o uso do galego nas mensaxes.
Tamén para dar maior promoción ó comercio do municipio deberán manterse iluminados os escaparates, ata as 21.00 horas
Dende a Concellería de Comercio agradécese a participación tanto dos comercio como das firmas e entidades colaboradoras ( Hotel Vía Argentum, Espina y Delfín, asociación ECOS e IES Pintor Colmeiro).