O luns día 8 de setembro abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda

A oferta inclúe patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo. As inscricións deben realizarse no pavillón César G. Fares

Silleda, 3  de setembro de 2025.  O Concello de Silleda abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades  comezarán a impartirse nalgúns casos en outubro,  se ben algunhas delas (comoe baloncesto ou zumba fitness) xa se iniciaron nesta mesma semana.

A oferta inclúe actividades xa consolidadas e tendo en conta os espazos dispoñibles. Así, neste curso ofertaránse clases de patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids,  esgrima e atletismo.

As inscricións deben realizarse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, a partir do vindeiro luns día 8, en horario de 09:00 a 11 e de 18:00 a 20:30 horas. Tamén se poden remitir as inscricións, que estarán dispoñibles na web municipal, ao enderezo deportes@silleda.gal.

As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES (no caso de Atletismo nunha das dúas sesións semanais), na Escola de Música (zumba kids)  e tamén no recinto Feira Internacional de Galicia (Esgrima, impartida por Compostela Esgrima e outra das sesións de Atletismo na xornada do xoves).

Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2021, neste caso con prazas limitadas.

En atletismo, impartido por Atletismo Deza, poderán participar nenos nenas nados entre os anos 2020 e 2014.

 

Xornadas de portas abertas

Ca intención de familiarizar ás persoas máis novas cas actividades deportivas, como novidade este ano haberá sesións abertas para que a rapazada probe as actividades de balde e sen compromiso.

Estas sesións serán na primeira semana de outubro. No caso de actividades federadas como o baloncesto, que en Silleda se levan a través do Obradoiro CAB, xa se pode asistir aos entrenos durante este mes para probar esta práctica deportiva (a partir de 6 anos).

Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración da Fundación Semana Verde, o IES Pintor Colmeiro así como dos clubs que imparten as distintas modalidades deportivas nas escolas silledenses.

A continuación figura a folla de inscrición para descargar: