O programa Coeducamos inicia en novembro dous novos obradoiros en centros de ensino

Silleda, 26 de outubro de 2013. Logo do inicio de “Os saberes diarios”, o programa Coeducamos, adicado a afianzar no ensino e na familia valores e prácticas coeducativas, estrenerá a partir da vindeira semana outras dúas actuacións, dirixidas a alumn@s do municipio.

Trátase do obradoiro titulado Elixe, sobre orientación académico-vocacional para unha toma de decisións non discriminatoria, e do que leva por título Iguais ou diferentes, un obradoiro de coeducación destinado ás/ós alumnas/os de Educación Infantil e Primaria.  Os dous desenvolveranse baixo a supervisión do Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda, contando con persoal especializado para impartir cada unha das sesións.

O primeiro deles levarase a cabo no IES Pintor Colmeiro, con varias sesións. A primeira delas, baixo o título Qué elixo? Por qué o elixo? Terá lugar os días 7 e 8 de novembro, continuando os días 14 e 15 con outra que leva por título “Coñecendo a historia das mulleres”. Xa por último, o día 21 de novembro celebrarase outra sesión: “Autocoñecemento e Autoestima: Quérome?”.

Elixe é unha actuación baseada na liberdade persoal e que propugna valores como a ética do consentimento, a autonomía emocional, a igualdade entre os sexos, a riqueza da diversidade e a responsabilidade compartida. 

O outro obradoiro, titulado Iguais ou diferentes, levarase a cabo no Colexio María Inmaculada, unha iniciativa de coeducación que arrancará o día 8 de novembro con “O xogo no desenvolvemento infantil”. Neste centro haberá outras dúas sesión máis, o venres día 15, baixo o título “As relación sociais nos xogos. Xogando xuntos aprendemos”; e o xoves 21 de novembro, coa que leva por título “Transmisión de estereotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”. Neste caso, o xogo, como forma de aprendizaxe será o fío conductor da actividade.

O programa Coeducamos, que comezou a principios de outubro co obradoiro de corresponsabilidade “Os saberes diarios”, está promovido pola Concellería de Igualadade e Benestar, que dirixe Dolores García, e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

“Con esta iniciativa, que xa o pasado ano tivo un grande éxito, preténdese traballar ma trasmisión de valores eductivos máis xustos e solidarios, sen prexuizos por cuestión de xénero”, sinala a concelleira.