O programa de atención integral do Alzheimer atende en Silleda a 23 persoas usuarias e as súas familias

-O presidente de Afapo Pontevedra, José Manuel Fontenla, mantivo hoxe un encontro con membros do goberno para resumir a actuación de 2020 e avanzar o programa do vindeiro ano

Silleda, 10 de decembro de 2020. O programa de atención integral a persoas con Alzheimer e outras demencias e as súas familias está a atender a un total de 23 persoas en Silleda. O presidente de Afapo Pontevedra, José Manuel Fontenla, mantivo hoxe un encontro ca concelleira de Benestar Social e Sanidade, Ángela Troitiño, e coa alcaldesa en funcións, Mónica González, para explicar as actuacións levadas a cabo este ano e avanzar na programación de 2021.
O programa comezou neste exercicio a principios de febreiro, co curso de atención para familiares e persoas coidadoras e os obradoiros de terapia cognitiva, que despois se suspenderon ca chegada do confinamento.
Durante este periodo as familias estiveron atendidas de xeito telemático, reforzando nalgún caso puntual tamén a atención psicolóxica.
O pasado mes de outubro, ca mellora da situación epidemiolóxica, retomáronse os obradoiros, que se celerbrraán ata a vindeira semana (rematan o xoves 17) nas dependencias da Casa da Cultura de Silleda, cun total de 20 participantes repartidos en dous grupos e aplicando todas as medidas de prevención. Outras tres persoas están a ser atendidas de xeito telemático a través desta iniciativa ca que tamén se busca retrasar e previr a aparición do alzheimer e outras demencias.
“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que se iniciou xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.
Obxectivos
Dende AFAPO, Fontenla explíca que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación que comezou a desenonverse en Silleda no ano 2014 e á que o Concello de Silleda vén destinando unha partida de 18.000 euros. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta”, sinala a concelleira .