Silleda, 2 de outubro de 2014. O programa Red Paraguas Alzhéimer volta a Silleda dende o vindeiro luns con novas sesión formativas, dirixidas neste caso ás persoas aqueixadas desta enfermidade ou outras demencias.
Esta iniciativa, que xa tivo en Silleda un ciclo formativo para familiares e coidadores, chega da man da Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzhéimer, (Fagal) e da Fundación Barrié. Celebrarase durante os meses de outubro, novembro e decembro, cun total de 24 sesións. Hai un total de 10 prazas para este ciclo.
As familias dos enfermos/as que estén interesados xa poden formalizar a inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais.
Con estas sesión, de dúas horas de duración cada unha, preténdese mellorar a calidade de vida das persoas aqueixadas de Alzhéimer e outras demencias, fomentando a súa estimulación con persoal especializado.
O programa Red Paraguas Alzhéimer naceu en 2013, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das familias, coidadores e dos propios enfermos.
Hoxe leváronse a cabo as selección e valoración dos posibles participantes que participarán nas sesión dende a vindeira semana.