Os cursos da Red Paraguas Alzhéimer voltan a Silleda dende o luns

Silleda, 2 de outubro de 2014. O programa Red Paraguas Alzhéimer volta a Silleda dende o vindeiro luns con novas sesión formativas, dirixidas neste caso ás persoas aqueixadas desta enfermidade ou outras demencias.

Esta iniciativa, que xa tivo en Silleda un ciclo formativo para familiares e coidadores, chega da man da Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzhéimer, (Fagal) e da Fundación Barrié. Celebrarase durante os meses de outubro, novembro e decembro, cun total de 24 sesións.  Hai un total de 10 prazas para este ciclo. 

As familias dos enfermos/as que estén  interesados xa poden formalizar a inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais.

Con estas sesión, de dúas horas de duración cada unha, preténdese mellorar a calidade de vida das persoas aqueixadas de Alzhéimer e outras demencias, fomentando a súa estimulación con persoal especializado.

O programa Red Paraguas Alzhéimer naceu en  2013, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das familias, coidadores e dos propios enfermos. 

Hoxe leváronse a cabo as selección e valoración dos posibles participantes que participarán nas sesión dende a vindeira semana.