Publicada a aprobación provisional das novas taxas da Escola de Música Municipal de Silleda

-A ordenanza estará exposta ao público por un prazo de 30 días hábiles. O texto establece unha matrícula de 30 euros por curso para gastos de xestión e para facer fronte a cuestións como o préstamo de instrumentos nos dous centros da escola, que inicia o curso a vindeira semana

 Silleda, 12 de setembro de 2023. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe a aprobación provisional da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo da Escola de Música Municipal do Concello de Silleda. Ditas taxas foron aprobadas en Pleno o pasado día 1 de setembro e estarán en exposición pública polo prazo de 30 días hábiles.

As taxas que se viñan cobrando ata o momento datan do ano 2011, resultando insuficientes a que aportación municipal á escola –con senllos centros en Silleda e na Bandeira- e a das dúas bandas de música das que se nutre a escola, se incrementou nos últimos anos.

“Hoxe en día contamos cunha Escola de Música Municipal con dous centros que é un orgullo para a veciñanza de Silleda e un exemplo a seguir para outras entidades”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que a escola foi medrando e prestando un servizo de moita calidade.

A actualización das taxas supón un incremento de 5 euros ao mes por asignatura. Asimesmo, establécese unha matrícula (que se abona na práctica totalidade deste tipo de centros) de 30 euros por curso, que se destinará a sufragar gastos de xestión e a cubrir cuestións como o préstamo de instrumentos, que se fai ca práctica totalidade do alumnado, ou as clases de banda  infantil e xuvenil.

Tamén se establecen descontos por número de irmáns na escola (do 20%) así como por familia numerosa ou persoas con discapacidade (do 40% nos dous casos), cuestión esta última que non figuraba ata o de agora na ordenanza.

Segundo o estudo de custes realizados dende o departamento de Intervención, a Escola de Música, contando con todos os servizos, persoal municipal, gastos de mantemento, e outros supón un custe de 235.000 euros anuais, tal e como se informou no Pleno.

Ca actualización, segundo consta no informe de custes, pasarán a recaudarse 22.575 euros máis ao ano procedentes das taxas.

A proposta de actualización foi realizada en coordinación ca asociación que xestiona a Escola de Música, integrada polas dúas bandas silledenses, a quen dende o goberno municipal se agradece o gran traballo que realizan na escola.

“Consideramos que é unha proposta xusta que axudará a seguir mantendo ese nivel da escola, que no último curso contou cunha media de 250 alumnos e alumnas e 30 mestres/mestras”, engade o rexedor.

As clases da Escola de Música arrancarán a vindeira semana nos dous centros municipais. A matrícula para o alumnado segue aberta ata este venres día 15.