REANUDACIÓN PRAZO PROCESO SELECCIÓN DUN/A ARQUITECTO/A TÉCNICO/A EN RÉXIME DE INTERINIDADE

Silleda, 25 de maio de 2020. O Concello de Silleda retoma o proceso, á vista da urxencia, para a contratación dun/a arquitecto/a técnico/a en réxime de interinidade. No taboleiro de anuncios publicouse con data de hoxe a seguinte resolución:

 

Vista a necesidade urxente de proceder a contratación dun arquitecto/a técnico/a en réxime de interinidade e creación dunha bolsa de emprego, que ven xustificada pola ausencia, que se presume de longa duración, do aparellador municipal, o que obriga a súa substitución temporal.

En uso das facultades outorgadas a esta Alcaldía polo ártigo 21 de lei 7/1985, esta Alcaldía

 

RESOLVE:

Reabrir o prazo de presentación de solicitudes en dez (10) días naturais a contar desde o seguinte a publicación desde anuncio na páxina web e no taboeiro do Concello de Silleda.